martes, 27 de noviembre de 2018

SOCIAIS: A ATMOSFERA E O CLIMA




Como xa sabes, tempo e clima son dous conceptos diferentes que cómpre non confundir. O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento concretos. O tempo é algo cambiante: a primeira hora da mañá pode chover e pouco tempo despois pode lucir o sol. O clima é o tempo que predomina nun lugar ao longo de moitos anos. Por esta razón dicimos que hai rexións que teñen clima chuvioso, se chove frecuentemente, ou que teñen clima cálido, se habitualmente rexistran temperaturas altas Para coñecer o clima propio dun lugar é necesario consultar durante moitos anos os datos que rexistran os aparellos das estacións meteorolóxicas.

    • Instrumentos de medición do clima
      •   Termómetro: serve para medi-la temperatura
      •   Barómetro: serve para medi-la presión do aire
      •   Catavento: serve para medi-la dirección do vento
      •   Pluviómetro: Serve para medi-la cantidade de precipitacións 
      anemómetro   catavento   

domingo, 16 de septiembre de 2018

5º A CURSO 2018-2019




Benvidos e benvidas!
   Comezamos un novo curso. Este ano temos grandes novidades, coma que nos outorgaron o programa Edixgal da Xunta de Galicia, polo que cada neno e nena disporá dun ordenador portátil.
   Tentarei de que todos e todas poidades acadar os obxectivos propostos pero tedes que poñer traballo e ilusión para acadalos.

                                                                            Marisa

viernes, 27 de abril de 2018

O MAGNETISMO

PÁXINA WEB MOI INTERESANTE

Grazas a nai de Israel que me falou desta páxina web, na que tedes recursos de todas as áreas e niveis
http://yoquieroaprobar.es/

SAÍDA Ó MUPEGA E A STEMLAB








O venres 20 de abril realizamos unha sáida o MUPEGA e ó Stemlab.
O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Historia

Ten como precedente un efémero museo feito na Coruña en 1926. O centro foi creado pola Xunta de Galicia por decreto o 2 de novembro de 2000, sendo Celso Currás conselleiro de Educación.[1] Logo de catro anos de construción do edificio e procura, restauración, inventario e catalogación do material, foi inaugurado o 21 de outubro de 2004.
O edificio, de baixo e dous andares, inclúe unha biblioteca-hemeroteca especializada, sala de investigación, departamento de documentación e conservación, salón de actos, patio de recreo e xogos populares, e obradoiros para nenos e nenas. A colección acolle máis de 50.000 pezas. Delas, moitas están en exposición permanente nos diferentes módulos.


viernes, 13 de abril de 2018