domingo, 14 de junio de 2015

O VENTOSO 8 de xuño de 2015

O curso está a punto de rematar así que aproveitamos para celebralo este pasado luns 8 de xuño de 2015 nunha granxa escola chamada "O Ventoso". 

Primeiramente, recibíronnos con tres dos seus cabalos máis célebres. De esquerda a dereita, Thor, Audin  e Atila. 



A continuación, dividíronnos en grupos que ían rotando cos monitores.

O grupo A aprendeu moito sobre cereais e fixeron pan.







A media mañá disfrutamos dunha merenda a base de froita ecolóxica.


O grupo B aprendeu sobre cabalos, burros e ponis.



O grupo C aprendeu sobre plantas, cultivos e a alimentación dos distintos animais (cabras, ovellas, porcos, etc.)


O grupo D recheaba unha ficha para recopilar todos os coñecementos adquiridos mentres un a un ían montando en poni.





 Cando chegou a hora de comer, estábamos famentos.



E despois de tantos esforzos,tocaba xa relaxarse e xogar cos nosos amigos e amigas.











jueves, 4 de junio de 2015