domingo, 29 de diciembre de 2013

PANXOLIÑAS NO PORTOFARO!

 Temos que agradecerlle a nosa nova profe de Música, Carmen, a súa labor, e felicitarlle dende aquí o marabilloso festival de panxoliñas que organizou, e iso que estivo enferma nos últimos días do primeiro trimestre. Que ben o fixestes os nenos e nenas de 3º! E tamén temos que felicitar a Patricia, a profe de Inglés, polo ben que nos aprendeu o Jingle Bells.

jueves, 12 de diciembre de 2013

jueves, 5 de diciembre de 2013

AS NOSAS TIRAS CÓMICAS


        Hai uns días estivemos traballando en Lingua Galega sobre o cómic e redactamos unhas tiras cómicas nas que xa viñan os debuxos. Velaquí podedes ler as distintas interpretacións. Esperamos que vos gusten.

O GRÚFALO


martes, 5 de noviembre de 2013

O SAMAÍN



Polo Samaín trouxemos manualidades de reciclaxe representando seres de medo, terroríficos. Velaquí tedes unha pequena mostra do gran traballo realizado.

martes, 24 de septiembre de 2013

jueves, 12 de septiembre de 2013

COMEZA UN NOVO CURSO

Ola!
Comezamos o curso o día 11 de setembro. Iso de empezar terceiro nos gusta moito porque xa somos maiores, estamos no andar de arriba, e subimos e baixamos pola rampla...pero aínda que debe ser moi divertido baixala correndo, temos que baixar amodiño para non ter accidentes.
A nosa titora se chama Marisa e os outros mestres son Patricia, que nos da Inglés; Carmen, que nos da Música; Juan Carlos, o que nos da Educación Física e Fefa, que lle da Relixión Católica a catro de nós pois o resto imos a Atención Educativa coa titora.
Ben, esperemos que todo saia moi ben e que aprendamos moitísimas cousas do xeitos máis divertido posible.

martes, 10 de septiembre de 2013

BENVIDO@S!

Neste blogue iremos amosando moitas das actividades que imos realizar durante este curso e o seguinte e tamén colgaremos recursos interesantes para aprender máis e mellor.
Imos aló!