lunes, 11 de septiembre de 2017

BENVIDOS!

Ola!
Comeza un novo curso e os nenos e nenas que comezaron con este blogue inician este curso a E.S.O. Dende aquí desexámoslles que continúen traballando e estudando coa mesma ilusión que tiñan no colexio e que sempre teredes aquí o voso colexio.
Damos á benvida os cursos de sexto A e B e esperamos que este blogue vos sirva de axuda para repasar contidos e para ter gardados os recordos dun ano que esperamos sexa de  proveito e disfrutedes moito.

             Comezamos!

viernes, 30 de junio de 2017

FESTIVAL INSTITUTO AFONSO X

O pasado xoves 22 de xuño, estivemos de festival no "IES Afonso X". Tivemos a oportunidade de coñecer as instalacións de primeira man, acompañados por novos compañeiros que xa cursan estudios no devandito centro. Foi unha xornada na que coincidimos cos alumnos/as do CEIP Wenceslao Fernández Flórez e CEIP Graxal, dos que seguro vos faredes vos amigos/as. Deixamos unha mostra da nosa actuación (unha coreografía e un discurso de benvida de Lucía e Laura), esperemos que vos guste. 
Un forte abrazo a todos e todas dos mestres do CEIP Portofaro, desexámosvos moita sorte en esta nova andaina que comezades.